Empresa

Especialistas en Carpintaría de Aluminio e PVC.

 

As fiestras non só reflexan o sentir dunha vivenda, senon tamén a dos seus moradores. Deixan pasar a luz, protexen dos elementos, e dan vida a cada estancia. Por todo elo, a elección das fiestras, irá unida durante moito tempo a da vida do seu propietario.

En Aluminios Dumbría somos conscientes de todo elo, e por iso, en colaboración cos principais fabricantes de perfís, ferraxes e accesorios para carpinterías de PVC e Aluminio, elaboramos, desde que se creou a empresa no ano 1990, unha fiestra que confira ao seu fogar esa personalidade que vostede posúe.

 

Calidade

Aplicando os máis exhaustivos controis durante o proceso de fabricación, elixindo os mellores produtos para a elaboración, e dispoñendo dun persoal altamente cualificado, elaboramos e instalamos esa fiestra que vostede soña.